3D Reality Capture · Scan to BIM · Topografía · Dron

Dixitalizamos a realidade

En XeoNube facemos escaneados láser 3D, modelos BIM e xemelgos dixitais do estado actual, e xeorreferenciamos fincas para Catastro e o Rexistro da Propiedade. Para arquitectos, enxeñeiros, construtoras, administracións e propietarios. En Bergantiños e toda Galicia.

Norma UNE-EN ISO 19650 Escáner láser 3D Dron e fotogrametría Modelaxe Revit BIM Enxeñeiro Técnico en Topografía colexiado
Servizos

Do edificio real ao modelo dixital

Tecnoloxía punteira e experiencia real en proxectos internacionais. Todo o que precisas para coñecer e proxectar sobre o que xa existe.

Servizo principal

Escaneado 3D + BIM

Escaneado láser do estado actual e modelo BIM listo para proxectar.

  • Nube de puntos do edificio completo
  • Modelo 3D do estado actual en Revit
  • Familias paramétricas á medida
  • Planos: plantas, alzados e seccións
  • Medicións e superficies
Diferencial

Nube e modelo xeorreferenciados

Entregamos a nube de puntos e o modelo en coordenadas oficiais, listos para cruzar con calquera cartografía.

  • Encaixe directo con Catastro, PXOM e cartografía oficial
  • Varios edificios ou fases no mesmo sistema
  • Nube e modelo sempre coherentes entre si
  • Coordenadas oficiais ETRS89 · UTM fuso 29N
Catastro · Rexistro

Topografía

Medimos a túa finca e xeramos a documentación que esixen Catastro e o Rexistro da Propiedade.

  • Base gráfica para obra nova
  • Representación gráfica alternativa (RGA)
  • Segregacións, divisións e agrupacións
  • Levantamentos topográficos

Ver en detalle

Xemelgo dixital

Unha réplica dixital exacta do teu edificio ou infraestrutura, viva e consultable.

  • Modelo 3D do estado real
  • Base para o mantemento do edificio
  • Toda a documentación nun só sitio
  • Visualización e percorridos virtuais

Dron e fotogrametría

O que o escáner de chan non alcanza: alturas, cubertas e exteriores.

  • Fachadas altas e cubertas
  • Ortofotos e modelos 3D
  • Inspección de tellados

Renderizado e imaxes

Do modelo saen as imaxes co que ensinar o proxecto a un cliente, a un concello ou a quen o teña que aprobar.

  • Renders de interior e exterior
  • Imaxes do estado actual e do proxectado
  • Percorridos virtuais e vídeo
  • Debuxos de liñas para memorias e paneis
Revit Experts

Automatización Revit

O que ao teu estudo lle leva días, automatizámolo con ferramentas á medida.

  • Botóns á medida
  • Automatización de tarefas repetitivas
  • Informes e exportacións automáticas
  • Renumeración e renomeado masivo
Revit Experts

Modelos grandes e complexos

O que rompe ou atasca o teu modelo, resolvémolo —mesmo en arquivos enormes.

  • Operacións masivas en arquivos grandes
  • Migración e copia entre modelos
  • Cambio de niveis e tipos sen mover elementos
  • Limpeza: duplicados e xeometría rota
Revit Experts

Control de calidade (as-built)

Comprobamos que o teu modelo coincide coa realidade escaneada, ata o milímetro.

  • Análise de planeidade (heatmaps)
  • Comparación nube de puntos vs modelo
  • Informe das desviacións atopadas
Do escaneado ao modelo

Todo o proceso, nun edificio real

Nube de puntos, planta, alzado, sección e modelo Revit as-built. Do láser ao modelo, sobre o mesmo edificio.

Metodoloxía BIM

BIM xa non é opcional

A metodoloxía BIM é cada vez máis un requisito, especialmente na obra pública. Partimos dun modelo fiable do estado real e axudámosche a cumprir co que esixe a Administración, traballando conforme á norma internacional ISO 19650 de xestión da información.

Esixido na obra pública

O Plan BIM do Goberno e a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público implantan de forma progresiva a esixencia de BIM nas licitacións públicas, seguindo a Directiva europea 2014/24/UE.

Modelo as-built fiable

O escaneado láser garante que o modelo BIM parte do estado real do edificio, con precisión milimétrica, e non de planos antigos ou incompletos.

Familias paramétricas

Creamos familias e obxectos BIM paramétricos á medida en Revit: cada elemento do modelo, editable, medible e reutilizable.

Compatible co teu fluxo

Entregamos en Revit (RVT) e IFC aberto, co nivel de detalle (LOD) que pida o proxecto. Listo para integrar no teu equipo de traballo.

Que nivel de detalle precisa o teu proxecto?

O LOD non é «mellor ou peor»: é canto detalle leva cada elemento do modelo, e determina o prazo e o prezo. Convén pactalo antes de empezar. Os mesmos catro elementos, nos tres niveis que máis pedimos:

Muro
Ventá
Porta
Columna
LOD 200

Volume e oco

Cada elemento co seu volume e a súa posición: muro de ancho nominal, oco pasante, columna como prisma. Chega para volumetría, superficies e estudos previos.

Muro
Ventá
Porta
Columna
LOD 300

Xeometría medida

Cada peza coas súas dimensións reais sacadas da nube: espesores, follas, montantes, basa e capitel. É o nivel habitual para proxecto de execución.

Muro
Ventá
Porta
Columna
LOD 400

Detalle fino

Cornixas, zócalos, recercados, cuarteróns e fustes acanalados. O que pide a rehabilitación, o patrimonio e os edificios protexidos.

Muro
Ventá
Porta
Columna
Topografía · Catastro · Rexistro

A túa finca, con coordenadas e con validez legal

Unha finca é unha cousa no terreo, di outra na escritura e figura distinta en Catastro. Cando esas tres non coinciden, alguén ten que medir e asinar. Diso encargámonos nós.

Novidade 2025

Obra nova

Desde o 24 de xuño de 2025, toda declaración de obra nova esixe inscribir a base gráfica da finca no Rexistro.

  • Obrigatorio aínda que o edificio ocupe todo o soar
  • Primeiro a base gráfica da finca, despois a superficie ocupada (art. 202)
  • O certificado do arquitecto xa non abonda por si só

Representación gráfica alternativa

Cando o plano de Catastro non se corresponde coa realidade, a única saída é unha RGA asinada por técnico competente.

  • Encargámonos de toda a tramitación
  • Lista para presentar no Rexistro ou na notaría
  • Asinada baixo a nosa responsabilidade

Segregacións e agrupacións

Cando nacen fincas novas, a base gráfica é obrigatoria sen excepción.

  • Segregacións e divisións
  • Agrupacións e agregacións
  • Reparcelacións e concentración parcelaria

Discrepancias de superficie

Se o que di o Rexistro, o título e Catastro non cadra, medimos a realidade e documentamos a diferenza.

  • Rectificación de cabida
  • Axuste de lindeiros
  • Mellora de precisión métrica

Levantamentos topográficos

Medición de campo con receptor GNSS e escáner láser, en coordenadas oficiais.

  • ETRS89 · UTM fuso 29N
  • Replanteo e marcaxe de lindeiros
  • Planos acoutados e cálculo de superficies

Informe e documentación

Entregamos o expediente completo, e gardamos a traza da medición por se algún día fai falta.

  • Informe técnico e planos
  • Documentación asinada por técnico competente
  • Equipo, método, data e precisións acadadas
A empresa

Escaneado láser e BIM con experiencia internacional

En XeoNube combinamos a tecnoloxía de escaneado láser cun fluxo scan-to-BIM traballado segundo a norma UNE-EN ISO 19650, con anos de experiencia en proxectos do Reino Unido.

Iso significa datos precisos, modelos BIM de calidade e un trato directo e próximo — sen intermediarios, falando o teu mesmo idioma técnico.

Experiencia internacionalAnos de modelaxe BIM para arquitectos do Reino Unido
Especialistas en scan-to-BIMModelaxe as-built en Revit segundo UNE-EN ISO 19650
Técnico competente colexiadoEnxeñaría Técnica en Topografía, colexiado exercente no COIGT
En Bergantiños, para toda GaliciaCarballo, Costa da Morte e toda a comunidade
Como traballamos

Un proceso claro, da visita á entrega

1

Visita e escaneado

Capturamos o edificio ou terreo con escáner láser e, se cómpre, dron.

2

Procesado

Rexistramos e limpamos a nube de puntos para obter un modelo fiel.

3

Modelo e planos

Xeramos o modelo BIM, os planos 2D e as medicións que precises.

4

Entrega

Recibes os arquivos no formato que uses: RVT, DWG, IFC, E57, PDF e GML.

Proxectos

Traballos recentes

Do escaneado sae o modelo 3D e, a partir del, toda a documentación que precise o proxecto: plantas, alzados, seccións, detalles, medicións e renders.

Traballamos con todo tipo de encargo —vivendas e edificios singulares, naves e locais, estruturas metálicas e de formigón, patrimonio e obra pública— e adaptamos a entrega ao que precises: o modelo completo, só as plantas para unha reforma, os alzados dunha fachada, as seccións construtivas, os renders para presentar o proxecto ou simplemente as medicións e superficies.

Nestas imaxes vense modelos reais e o nivel de detalle co que traballamos. Preme en calquera para vela a tamaño completo.

Cóntanos o teu proxecto

Contacto

Pide o teu orzamento

Cóntanos que edificio ou terreo precisas levantar e respondémosche cun orzamento á medida.

Carballo · Bergantiños · Galicia
Resposta en 24-48 h

XeoNube é beneficiaria dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro do Programa do bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q · 2026), para impulsar a mellora da competitividade mediante investimentos relacionados directamente co negocio.